Cen paneis e seis capítulos, "A viaxe", "A chegada", "Fillos de Galicia", "A quinta provincia", "O exilio" e "O retorno", resumen a relación que Galicia mantivo ó longo de cincocentos anos con América dun xeito ameno e cunha montaxe orixinal que lembra ás follas dun libro. A mostra, aínda que con dez anos de historia, segue sendo tan vixente como cando se abriu en 1992 en Santiago, ano no que a visitou Fidel Castro.
A mostra que se exporá en Cambre durante un mes é a versión en galego que percorreu boa parte da xeografía galega aínda que tamén existe unha versión bilingüe castelán - galego, que foi a que percorreu varios países de América (Arxentina, Brasil, Venezuela, México, EE.UU) ata quedar definitivamente instalada no Centro Galego de La Habana.
O papel dos galegos na Administración, na Igrexa, na política ou na producción artística, o asociacionismo ou os exiliados son algúns dos puntos que aborda esta mostra.

