----

Foro de debate sobre "O valor crítico dos bens culturais"

Os días 23,  24  e 25 de outubro ten lugar no Consello da Cultura Galega o foro de debate sobre <a href="http://consellodacultura.org/?page_id=637">"O valor crítico dos bens culturais"</a>, coordinado por Iago Seara. Interveñen especialistas e creadores que reflexionan sobre os bens culturais, a memoria e a identidade material e espiritual dos pobos. O foro é o quinto dos seis programados, baixo o lema "crear cultura, imaxinar país", para conmemorar os primeiros 25 anos do CCG (1983-2008).