Ademais do presidente do PEN Clube de Galicia, o poeta Luis González Tosar, na rolda de prensa está previsto que participe Helena Villar e o xerente do Consello da Cultura Galega, Antonio Montero Carro.
Manifesto dos poetas
Xunto coa valoración das actividades que se levaron adiante durante os catro días nos que Santiago congregou a máis de cen poetas e escritores de diferentes países e culturas, a convocatorio dos medios de comunicación ten como fin presentar o Manifesto Poético de Compostela, unha declaración que os participantes na II Celebración da Poesía elaboraron e asinaron para a súa posta en coñecemento público.


