O acto de entrega destes documentos sonoros terá lugar no salón de actos do Consello e contará coa presencia do Presidente da institución, Alfonso Zulueta de Haz, o vicepresidente, Ramón Castromil -director do Arquivo Sonoro de Galicia e coordinador da Sección de Música e Artes Escénicas- e Fernando Ramos, quen actualmente se desempeña como profesor titular de Periodismo na Facultade de Ciencias Sociais da Universidade de Vigo, en Pontevedra. Logo do acto de entrega celebrarase unha rolda de prensa.

