----

O CONSELLO DA CULTURA GALEGA E O CABIDO DA CATEDRAL ASINARÁN MAÑÁ UN CONVENIO PARA A RECUPERACIÓN DO PATRIMONIO HISTÓRICO

O Consello da Cultura Galega (CCG) e o Cabido da Catedral de Santiago asinarán mañá mércores, día 6 de outubro, ás 11´00 horas, un convenio de colaboración para a recuperación do patrimonio histórico galego. Trátase concretamente da recuperación e o tratamento dos fondos epigráficos pétreos conservados no museo catedralicio.

A sinatura e a rolda de prensa celebraranse na Sala Capitular da Catedral e contarán coa presenza do arcebispo de Santiago, Monseñor Julián Barrio; o deán, Manuel Calvo Tojo; o director do Museo, Alejandro Barral, e o presidente do CCG, Alfonso Zulueta de Haz.