A Deputación de Pontevedra acaba de conceder un dos Premios "Entreculturas", que entrega con motivo do Día da Hispanidade, ao Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega, dirixido por Ramón Villares. O premio pretender recoñecer, segundo a Deputación, "o seu labor de recuperación da memoria histórica de Galicia". A entrega do galardón terá lugar este martes, ás 19:30, no Pazo provincial e contará coa presenza dos galardoados, do Corpo Consular acreditado en Vigo e de representantes de asociacións de emigrantes e da sociedade civil. Xunto ao Arquivo foi distinguido o Centro Galicia de Montevideo, o máis antigo do mundo, co gallo do seu 125 aniversario.

