O acto, que terá lugar na biblioteca da sede do CCG, comezará ás 17 horas e estará conducido pola profesora titular de literatura portuguesa da Universidade de Santiago Isabel Morán e asistirán tamén os membros da Sección organizadora.
Urbano Tavares naceu en Lisboa en 1923 e pasou a súa infancia no Alentexo, o que tivo moita influenza na súa vida e obra. Escritor, profesor, investigador e crítico literario, está considerado como un dos máis prolíficos e prestixiosos escritores da segunda metade do século XX en Portugal e a súa obra, traducida a diversas linguas, atinxe varias decenas de títulos, entre conto, novela, crónica e ensaio, ademais de colaboracións dispersas en publicacións variadas. Entre a súa extensa obra citaremos A Porta dos Limites, Bastardos do Sol, A Estação Dourada, Deriva, A Horas e Desoras, Violeta e a Noite, A Vaga de Calor, Imitação da Felicidade, Nus e Suplicantes, Fuga Inmóvel e Uma Pedrada no Charco.
Esta tertulia dá continuidade ás celebradas antes do verán na sede do Consello e nas que participaron escritores como Suso de Toro e Xesús Alonso Montero e nas que se abordaron temas como o significado do Día das Letras Galegas ou o libro galego como unha necesidade estratéxica.

