----

O CONSELLO DA CULTURA GALEGA PRESENTA MAÑÁ MARTES, DÍA 10, O LIBRO "NORMA LINGÜÍSTICA E VARIACIÓN"

O Consello da Cultura Galega (CCG) presentará mañá martes, día 10 de maio, ás 12´00 horas, en rolda de prensa, o libro "Norma lingüística e variación", que reúne os traballos dados a coñecer no simposio "Variación e prescrición" organizado polo Instituto da Lingua Galega (ILG) en 2003.

No acto intervirán: Alfonso Zulueta de Haz, presidente do CCG; e os editores do libro, Rosario Álvarez, directora do ILG, e Henrique Monteagudo, secretario do CCG e coordinador da Sección de Lingua. O volume é o terceiro da "Serie Lingüística" publicado polo CCG en correspondencia coa temática dos simposios do ILG. Con anterioridade viron a luz os libros "Dialectoloxía e léxico" (2001) e "A estandarización do léxico" (2002). Restan por publicar os traballos expostos no simposio "Lingua e territorio", celebrado en 2004.