Esta iniciativa inscríbese nun amplo proxecto da Sección de Arquitectura do CCG, que está analizando pormenorizadamente a paisaxe de distintos focos de especial relevancia na Península. Deste xeito, celebráronse diferentes xornadas sobre a arquitectura en Lisboa, Cataluña, País Vasco, Navarra e Madrid, traendo a primeiras figuras da arquitectura nesas comunidades. Na rolda de prensa de presentación participarán: Alfonso Zulueta de Haz, presidente do Consello da Cultura Galega, e Iago Seara Morales, coordinador da Sección de Arquitectura.
Máis información, programa, galería de fotos e inscrición gratuíta en: http://www.consellodacultura.org
- Hora: 12:00
- Lugar: salón de actos do Consello da Cultura Galega. Pazo de Raxoi, 2º Andar

