No acto darase a coñecer o documento máis antigo atopado ata o momento escrito en idioma galego en Galicia. Trátase dun "foro do bó burgo de Caldelas" (Castro Caldelas-Ourense), que data de 1228, no reinado de Alfonso IX, e que se custodia no arquivo dos Duques de Alba, en Madrid. O documento será presentado no simposio.
A rolda de prensa terá lugar no salón de actos do CCG e contará coa presenza de: Alfonso Zulueta de Haz, presidente do CCG; Rosario Álvarez Blanco, directora do ILG; Ana Isabel Boullón Agrelo, coordinadora do encontro, e Henrique Monteagudo, secretario do CCG e coordinador da Sección de Lingua.
- Día: martes 14 de xuño
- Lugar: salón de actos do CCG
- Hora: 12:00

