A obra, dun grande valor antropolóxico, achégase dun xeito moi preciso á vida dos pescadores galegos e das demais comunidades do Cantábrico, afondando nas súas particularidades, penetrando no seu mundo e amosando os seus costumes, crenzas e hábitos, así como as actitudes en relación coa pesca e coas súas artes.
O acto de presentación terá lugar ás 19:00 horas no Museo Massó, (R/Montero Ríos, s/n, Bueu), centro onde se conserva o orixinal.
- HORA: 19:00
- LUGAR: Museo Massó. (R/ Montero Ríos, s/n, Bueu)

