Ó igual que fixemos cos audios que tiñamos gardados no noso arquivo, chega o momento de sacar á luz aqueles libros que, tempo atrás, estiveron publicados na rede; pero deixaron de estalo temporalmente coa aparición dun novo deseño para o portal corporativo: consellodacultura.org. E para que teñan material que ler este verán, o Consello da Cultura Galega pon á súa disposición a seguinte lista de obras, que se poden descargar dende a mediateca para disfrutalas indepedentemente do lugar onde se atopen.

"Estudios Migratorios", números do 4 ó 10. Nesta páxina atoparás todos os enlaces dos números publicados ata agora.

"Dereitos lingüísticos", Ponencia de lingua.

"Rituais", de Vítor Vaqueiro.

"Condicións laborais e actitudes profesionais nos medios de comunicación", Ponencia de Comunicación.

"Obradoiro de redacción", de Xosé López e Paulino Novo.

"El Catón Compostelano", edición facsimilar.

"De América para casa: correspondencia familiar de emigrantes galegos no Brasil, Venezuela e Uruguai (1916- 1969)".

"Documento de síntese sobre a encefalopatía esponxiforme bovina e a variante da enfermidade de Creutzfeldt-Jakob".

"Etnicidade e nacionalismo", de Xosé Manuel González Reboredo (coord.).

"Xaquín Lorenzo: o fotógrafo", de Tomás Vega Pato (procesado de laboratorio e arquivo).

"Elixio González: reporteiro gráfico da emigración", de Manolo González.

"Vivir no solo", dentro da serie "Ciencia para todos".