----

O CONSELLO DA CULTURA PRESENTA ESTE MÉRCORES AS XORNADAS "OS INCENDIOS FORESTAIS EN GALICIA"

O Consello da Cultura Galega (CCG) acollerá este mércores, día 2 de novembro, ás 12:00 horas, a rolda de prensa de presentación dunhas xornadas sobre "Os incendios forestais en Galicia". Coa celebración deste encontro os días 7 e 8 de novembro, o CCG tenta ofrecerlle á sociedade galega un foro de reflexión e análise sobre un dos problemas máis graves que ameazan o seu medio natural, os incendios, que cada verán asolan grandes extensión de terreo na Comunidade.

Na rolda de prensa participarán Francisco Díaz-Fierros, coordinador da Sección de Ciencia, Técnica e Sociedade do CCG, e Plácido Baamonde, ex subdirector xeral de Defensa contra Incendios Forestais, da Xunta de Galicia.

- Día: 2 de novembro de 2005
- Hora: 12:00
- Lugar: salón de actos do Consello da Cultura Galega. Pazo de Raxoi, 2º Andar, 15705 Santiago de Compostela