<p>O salón de actos do Consello da Cultura Galega acollerá o vernes 22 de outubro a II Xornada da Crítica Galega que debatirá sobre "A crítica e a literatura infantil e xuvenil", por iniciativa da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG). O acto inaugural será ás 10´30 horas e nel intevirán: Ramón Villares, Presidente do CCG, Cesáreo Sánchez Iglesias, Presidente da AELG, e Blanca Ana Roig, en representación da Sección de Crítica da AELG. A Xornada prolongarase ata as 20 horas.</p>

