----

Premios á edición en lingua galega 2012

A Asociación Galega de Editores deu a coñecer os galardoados/as da oitava edición destes premios que teñen como obxectivo recoñecer o traballo editorial en lingua galega realizado polos seus membros ao longo do ano.

Morgana en Esmelle, de Begoña Caamaño (Galaxia); O rastro que deixamos, de Agustín Fernández Paz (Xerais); Os ángulos da brasa, de Manuel Torneiro (Kalandraka); O corazón de Xúpiter, de Ledicia Costas (Xerais); Cartas de inverno. Novela gráfica, ilustrado por Antonio Seixas (Xerais); Alén das fronteiras: sete poetas vascos, traducido por Isaac Xuvin (Kalandraka); Peixes. Cociña Infantil, de varios autores (Ouvirmos); Fina Casalderrey; OQO Films e a Fundación Penzol foron os autores, obras e entidades galardoadas nas diferentes categorías.
Para ampliar esta información, preme aquí.