----

Colaboración entre o Consello da Cultura Galega e a Consellería de Cultura e Educación en materia de normalización lingüística

O conselleiro de Cultura e Educación, Xesús Vázquez, e o presidente do Consello da Cultura Galega (CCG), Ramón Villares, asinaron onte, 1 de abril de 2013, un protocolo de colaboración en materia de normalización lingüística que inclúe un programa de actividades para desenvolver ao longo de 2013, ano no que se cumpren 30 anos da aprobación da Lei de Normalización Lingüística de Galicia (1983).

No marco deste acordo, o CCG elaborará o audiovisual "50 anos do proceso de normalización lingüística", organizará os XV Encontros para a Normalización Lingüística e editará a obra Galicia en Cuba, que compila colaboracións do escritor Xosé Neira Vilas sobre a lingua e a cultura galegas en Cuba.