A Comisión de Normalización Lingüística da Escola Técnica Superior de Enxeñaría e mais o Servizo de Normalización Lingüística da USC organizan unha nova edición do Fiadeiro de localización de software libre, que ten como obxectivos fornecer formación técnica para a tradución ao galego de aplicacións de software libre e promover o seu uso entre a comunidade universitaria. As sesións desenvolveranse os días 25 e 27 de abril de 2013. O prazo de inscrición remata o 22 de abril.