----

Música en galego para homenaxear a Roberto Vidal Bolaño

O vindeiro 16 de maio, véspera do Día das Letras Galegas, terá lugar na Sala Capitol de Santiago de Compostela o festival O Bule-Bule. Son dos chífanos, ideado para homenaxear a Roberto Vidal Bolaño, autor elixido pola RAG para conmemorar en 2013 as Letras Galegas.
Música en galego para homenaxear a Roberto Vidal Bolaño

O festival, organizado polas produturas galegas I-Radia Crea e En Panties Producciones no marco do ciclo Compostela Rock, contará coa actuación dos grupos Ruxe-Ruxe, Os da Ría e Banda Crebinsky, todos eles comprometidos co uso do galego.
Para ampliar esta información, preme aquí.