Os XV Encontros, que terán lugar os vindeiros días 18 e 19 de abril de 2013 no Consello da Cultura Galega, van prestar unha especial atención á análise dos 30 anos da Lei de normalización lingüística e ó traballo colaborativo no eido da normalización lingüística, sen esquecer a liña habitual de seguimento de iniciativas actuais, nomeadamente nos ámbitos do ensino e da Administración local.


