<img src="http://consellodacultura.org/mediateca/files/2008/06/anne_phillips_mediateca.jpg" alt="" hspace="15" align="left"> Anne Phillips referiuse ós tres asertos nos que se basea o multiculturalismo: o interese da xente pola cultura, a multiplicidade de culturas e a atención preeminente ós grupos culturais maioritarios. A conferenciante defendeu o multiculturalismo “sempre e cando nel non imperen as concepcións entronizadas e esenciais de cultura”, pero engadiu que nos últimos anos “todos os modos de multiculturalismo se puxeron á defensiva e Europa, dunha banda á outra, afastouse bruscamente da retórica do multiculturalismo nun movemento cuxas consecuencias son aínda descoñecidas na práctica”.
<ul>
<li><a href="http://consellodacultura.org/mediateca/?p=330">Pode escoitar a conferencia desde a Mediateca do Consello da Cultura Galega</a>.</li>
</ul>

