Dende o Consello da Cultura Galega procuramos poñer á disposición do público todo o material co que contamos. Deste xeito, acábase de levar a cabo un importante labor, mediante a cal se recuperaron os audios de varias conferencias que se realizaron por esta institución ó longo do ano 2007 e o que levamos do 2008. Agora, pódese acceder a elas dende a Mediateca deste portal, onde atoparedes a conferencia de Anna Cabré, dentro do ciclo "Cultura e Conciencia", sobre as “Reflexións sobre a demografía no século XXI: retos globais, retos locais”; a conferencia que Pedro Etxenike impartiu na Coruña sobre "Ciencia, creatividade e cultura", tamén dentro do mesmo ciclo; as conferencias de Héctor Díaz Polanco, Ernesto Laclau, Fernando Castro Flórez e Anne Marie Thiesse, dentro de "Os Sentidos das Culturas"; a conferencia de Ángel Rodríguez de Lera dentro do ciclo "Palestras Maxistrais"; e a mesa redonda que se realizou en decembro do ano pasado con motivo da dedicación das Letras Galegas 2007 a María Mariño.

Anna Cabré, “Reflexións sobre a demografía no século XXI: retos globais, retos locais”.

Pedro Etxenike, “Ciencia, creatividade e cultura”.

Héctor Díaz Polanco, “Tesis sobre diversidad, identidad y globalización”.

Ernesto Laclau, “A articulación e os límites da metáfora".

Fernando Castro Flórez, “La obra de arte en la época de la perogrullada incesante”.

Anne Marie Thiesse, “La nation moderne”.

Ángel Rodríguez de Lera, “As revolucións científicas na química”.

Mesa Redonda: “Ano María Mariño: Un balance”.