O Obradoiro de lectura e escritura en galego, dirixido a persoas de entre 60 e 80 anos, ten como finalidade fomentar o pracer da lectura en galego e fornecer unha competencia básica na escrita deste idioma. Os concellos que solicitaron a realización deste curso son Alfoz, Lourenzá, A Pontenova, O Vicedo, Ourol e Xove.
O colectivo de inmigrantes poderá asistir ao Curso de iniciación á lingua galega para inmigrantes, onde adquirirán os coñecementos lingüísticos e culturais básicos que precisan para a súa integración social. Estas xornadas, que xa se desenvolveron en agosto en Ribadeo, comezarán a partir da vindeira semana no Concello de Burela.
Podes ampliar esta información dirixíndote ao SNL da Mancomunidade, a través do teléfono 982 140 675 ou do enderezo electrónico snlmarinhalucense@hotmail.com.


