Resólvense os Premios San Martiño de Normalización Lingüística
31/10/2013
A Asociación Cultural O Brado, da Estrada, fixo públicos os galardoados dos XXIII Premios San Martiño de Normalización Lingüística, convocados anualmente para premiar a persoas e colectivos que destacan polo seu labor de promoción do idioma galego.
Os premiados nesta edición son o profesor e escritor Carlos Loureiro Rodríguez, na categoría “A Estrada e Comarca de Tabeirós-Terra de Montes”; a Asociación PuntoGal, na categoría “Galicia enteira”; e o fiscal da Audiencia de Pontevedra Benito Montero Prego, na categoría “Toda unha vida”.
Os galardóns serán entregados nun acto público que terá lugar o vindeiro 14 de novembro no Teatro Principal da Estrada.