----

O foro de debate "Olladas críticas sobre a paisaxe" reunirá a especialistas da Península Ibérica, Italia e Francia

<img src="http://consellodacultura.org/files/2008/05/presentacion_foro.jpg" alt="presentacion_foro.jpg" />

<div id="pedefoto"><em>Francisco Díaz Fierros, Ramón Villares e Federico López Silvestre. Foto: CCG</em></div>

<em>Santiago de Compostela, 29 de abril de 2008.-</em> O foro de debate "Olladas críticas sobre a paisaxe" é unha aposta necesaria polo diálogo e máis cando está en trámite parlamentario a Lei da Paisaxe Galega, explicou o coordinador das sesións e vicepresidente do Consello da Cultura Galega, Francisco Díaz Fierros, na presentación dun intenso programa que se desenvolverá os días 8 e 9 de maio e contará coa participación de profesores e investigadores de universidades galegas, españolas, francesas, portuguesas e italianas. O foro conta xa con 76 participantes inscritos. É o segundo dos seis organizados este ano polo Consello da Cultura para conmemorar os seus 25 anos (1983-2008).


<!--more-->

Na presentación do programa o Presidente do Consello, Ramón Villares, destacou os obxectivos perseguidos pola institución á hora de organizar estes debates: "diálogo intelectual e excelencia científica, aspectos atendidos nun programa que conta cos mellores especialistas na materia".

O vicepresidente do Consello da Cultura e coordinador deste foro de debate, Francisco Díaz Fierros, aludiu á necesidade de contar con miradas plurais sobre a paisaxe e Federico López Silvestre, secretario do foro e profesor de Estética da Universidade de Santiago, subliñou a recoñecida traxectoria científica e investigadora dos relatores e expresou a convicción de que o foro será unha referencia e o desexo de que sirva "para unha mellor práctica sobre a paisaxe".

Díaz Fierros lembrou que o concepto da paisaxe xorde da interpretación do contorno natural, rural ou urbano en clave cultural e implica non só o que vemos senón tamén o país que queremos e precisou que o foro intentará definir de xeito preciso esta noción. "Tratremos os elementos esenciais da construcción da paisaxe e valoraremos tanto a nosa relación coa tradición e a memoria como a nosa capacidade de proxección cara ó futuro".

O PROGRAMA

O foro, logo da presentación de Francisco Díaz Fierros, comezará co relatorio "Paisaxe, médiance e medio natural", de Agustín Berque, xeógrafo e Director de Estudios da Escola de Altos Estudios en Ciencias sociais de París, e Federico López Silvestre, profesor de Estética da Universidade dee Santiago.

Do tema "Ecoloxía e paisaxe" ocuparanse Francisco Díaz Pineda, catedrático de Ecoloxía da Universidade Complutense de Madrid, e Carlos Vales, biólogo e director do Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia. Pola tarde, o tema "A estetización da paisaxe" será exposto por Álvaro Domingues, urbanista e profesor da Escola de Arquitectura da Universidade de Porto, e Julia Fernández de Caleya, arquitecta paisaxista e profesora da Escola Técnica Superior de Arquitectura de A Coruña. A primeira xornada concluirá cos relatorios sobre "Interpretación das paisaxes tradicionais galegas" a cargo de X. A. Fernández de Rota, catedrático de Antropoloxía da Universidade de A Coruña, e Caroline Domingues, profesora da Universidade Blaise-Pascal de Clermont Ferrand.

O día 9 de maio abrirase co tema "O catálogo das paisaxes ibéricas" e as intervencións de Rafael Mata, catedrático de Xeografía da Universidade Autónoma de Madrid, e os retrucantes: Pablo Ramil, profesor de Bioloxía da Universidade de Santiago e Director do Instituto e Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural, e Augusto Pérez Alberti, catedrático de Xeografía da Universidade de Santiago.

Pierre Donadieu, agrónomo e xeógrafo. Director de investigación da Escola Nacional Superior de Paisaxe de Versalles, e Albino Prada, profesor de Economía da Universidade de Vigo, falarán sobre "A percepción da paisaxe desde o mundo rural", para concluir a terceira sesión.

Xa pola tarde, a cuarta sesión de debate analizará "Paisaxe e memoria" cos relatorios deRaffaele Milani, profesor de Estética da Universidade de Boloña, e Marcial Gondar, catedrático de Antropoloxía Social da Universidade de Santiago.

Os últimos debates versarán sobre "Paisaxe e sentido do lugar" con Joan Nogué, catedrático de Xeografía e director do Observatorio da Paisaxe de Cataluña, e Jacobo García Álvarez, profesor de Xeografía da Universidade Autónoma de Madrid.

Máis información en:


<a href="http://www.consellodacultura.org/">www.consellodacultura.org</a>