<img src="http://consellodacultura.org/files/2008/04/portada_podestrelas.jpg" alt="" hspace="4" align="left">A obra, de Xurxo Mariño Alfonso, confírese coma unha invitación para gozar do espectáculo que supuxo a orixe da vida no planeta Terra. O volume conta con ilustracións humorísticas de Santy Gutiérrez, e agrupa 32 artigos de divulgación científica publicados previamente polo autor na sección “Os dados do reloxeiro”, creada no portal <a href="http://www.culturagalega.org">www.culturagalega.org</a>, do Consello da Cultura Galega. Na súa presentación resaltouse a importancia da ciencia como parte indisoluble da cultura.
<ul>
<li><a href="http://consellodacultura.org/mediateca/?p=291">Pode descargala en PDF desde a Mediateca do Consello da Cultura Galega</a>.</li>
</ul>

