<img src="http://consellodacultura.org/files/2008/04/presentacion_podeestrelas.jpg" alt="presentacion_podeestrelas.jpg" />
<div id="pedefoto"><em>Xurxo Mariño, Salustiano Mato, Ubaldo Rueda, Francisco Díaz e Santy Gutiérrez, durante a presentación no Edificio Xelmírez. Foto: CCG</em></div>
<em>Santiago de Compostela, 18 de abril de 2008.</em>- A presentación do libro PO DE ESTRELAS. NOVAS RECEITAS CIENTÍFICAS DE “OS DADOS DO RELOXEIRO”, de Xurxo Mariño Alfonso, editado polo Consello da Cultura Galega, co apoio da Direcciòn Xeral de I+D+I da Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia, serviu para salientar a crecente importancia da ciencia e da técnica como compoñentes indisociables do que entendemos por cultura. <!--more-->
Na presentación, ademais do autor, interviron: Francisco Díaz Fierros, coordinador da Sección de Ciencia, Técnica e Sociedade e vicepresidente do Consello da Cultura Galega; Salustiano Mato, director xeral de I+D+I da Consellaría de Innovación e Industria da Xunta de Galicia; Santy Gutiérrez, ilustrador, e Ubaldo Rueda, director do IES "Rosalía de Castro" de Santiago de Compostela, onde tivo lugar a presentación á que acudiu unha numerosa representación do alumnado do centro. Tamén estivo presente Manuela Mariño, autora das infografías.
O libro agrupa 32 artigos de divulgación científica publicados previamente polo autor na sección “Os dados do reloxeiro”, creada no portal <a href="http://www.culturagalega.org/">www.culturagalega.org</a>, do Consello da Cultura Galega, institución que en 2006 xa publicou unha primeira serie dos artigos de Xurxo Mariño baixo o título “Os dados do reloxeiro”.
Da totalidade da edición, tres mil exemplares, a maior parte serán distribuídos nos centros de ensino grazas ó apoio da Dirección Xeral de I+D+I (IN.CI.TE.) que xa colaborou co Consello da Cultura Galega no ciclo de conferencias "Cultura conciencia" co obxectivo de espertar o interese pola ciencia e divulgar algúns dos seus contidos.

