----

O Parlamento de Galicia aproba a Lei Valentín Paz-Andrade

O Parlamento galego aprobou onte, 11 de marzo de 2014, por unanimidade a Lei Valentín Paz-Andrade para o aproveitamento da lingua portuguesa e vínculos coa lusofonía. O Goberno galego queda obrigado con esta lei a incorporar progresivamente a aprendizaxe da lingua portuguesa como lingua estranxeira nos centros de ensino de Galicia. Tamén será obxectivo estratéxico do Goberno galego a promoción das relacións cos países de lingua portuguesa. Así mesmo, a Xunta de Galicia favorecerá a reciprocidade de emisións televisivas e radiofónicas entre Galicia e Portugal. Esta lei é o resultado da iniciativa lexislativa popular que en maio de 2013 se presentou no Parlamento galego avalada por 17000 sinaturas.