Propoñen un salto cuantitativo e cualitativo para o avance da Sociedade do Coñecemento en Galicia

As Tecnoloxías da Información e das Comunicacións (TIC) precisan de novos impulsos en Galicia e necesitan máis atención institucional. Debemos propoñernos un avance cuantitativo e cualitativo partindo dos progresos importantes rexistrados nos catro últimos anos e tendo como punto de referencia a formación dos profesionais que poñan en valor as posibilidades e a capacidade competitiva das empresas existentes. O foro de debate "Galicia na sociedade do coñecemento", organizado polo Consello da Cultura Galega, chamou a atención sobre estes e outros desafíos inaplazables, particularmente no relatorio de Fernando Pérez González e nas intervencións dos retrucantes, José Luís Fernández Carnero e Luís Castedo, tal e como pode verse nos esquemas que serviron de base ás súas intervencións.

Consulte as presentacións en liña:

Presentación de Fernando Pérez González (en PDF)

Presentación de José Luís Fernández Carnero (en PDF)

Presentación de Luís Castedo (en PDF)