No marco deste acordo, desenvolverase un encontro internacional de investigadores/as co obxectivo de dar a coñecer a lingua galega en círculos académicos e de prestixio internacional. O encontro terá unha primeira edición en setembro de 2014 en Santiago de Compostela e unha segunda o vindeiro ano en Edimburgo. A partir dos estudos presentados neste encontro, editarase un volume monográfico sobre o idioma galego nunha revista científica de prestixio internacional.
Outra das iniciativas será a elaboración dun sitio web sobre a historia da normalización lingüística en Galicia, cuxos contidos xirarán arredor do documental que o CCG elaborou sobre os cincuenta anos de normalización do galego.
Para ampliar esta información, preme aquí.


