Coa publicación dun documento descargable no web oficial do proceso, o Consello da Cultura Galega iniciou a seguinte fase da <em><a href="http://consellodacultura.org/reflexion2010/">Reflexión estratéxica sobre a cultura galega</a></em>. Despois das enquisas e dos foros sectoriais, o CCG elaborou un documento síntese, "aberto e en proceso", ao que calquera cidadán pode contribuír. O obxectivo é, segundo o coordinador do proceso, Xosé López, "contribuír a que a cultura galega dispoña das mellores ideas para abordar o seu futuro".
<ul><li><a href="http://consellodacultura.org/reflexion2010/">Consulte o documento e participe na súa elaboración</a></li></ul>

