<img src="http://consellodacultura.org/files/2008/04/pleno_novas_membros.jpg" alt="pleno_novas_membros.jpg" />
<div><em>Sesión na que se elixiron ás novas membros do Pleno. Foto: CCG</em></div>
<em>Santiago de Compostela, 1 de abril de 2008.</em>-As catedráticas, María Luísa Sobrino Manzanares e María Xosé Agra Romero foron elixidas en votación secreta membros do Pleno do Consello da Cultura Galega (CCG) nunha sesión que permitiu renovar a metade dos representantes elixidos e dos designados polas institucións nel representadas. O Pleno aprobou tamén o reagrupamento das trece Seccións actuais en seis áreas temáticas e a conversión da Sección de Cultura Galega no Exterior nunha Comisión de Acción Exterior, dependente da Comisión Executiva.
<!--more-->
As profesoras María Luísa Sobrino e María Xosé Agra, da Universidade de Santiago, novas integrantes electas do Pleno, teñen unha significada relación co CCG. A primeira, catedrática de Historia da Arte, é membro da Sección de Artes Plásticas. A segunda, catedrática de Filosofía Moral e Política, pertence á Sección de Filosofía e Pensamento e dirixe a Comisión de Igualdade.María Luísa Sobrino centra o seu labor investigador na arte contemporánea, comisariou importantes exposicións, é autora de diferentes publicacións e catálogos e dirixe a revista “Quintana” do Departamento de Historia da Arte da USC.María Xosé Agra traballa sobre Filsofía Política, teorías da xustiza e teoría crítica feminista, dirixiu proxectos de investigación e teses de doutoramento e é autora de máis dunha ducia de libros sobre temas da súa especialidade. É vocal da sociedade Española de Ética e Filosofía Política.Sobrino e Agra entraron no Pleno coincidindo coa renovación regulamentaria que cada dous anos se leva a cabo. No seu caso, como membros electos, acompañarán a Ramón Villares (Presidente), Iago Seara Morales e Victor Fernández Freixanes, a quen o Pleno renovou o seu mandato.No que ten que ver cos representantes das institucións os novos membros do Pleno son: Rosario Álvarez Blanco (Instituto da Lingua Galega) José Antonio García Caridad (Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación). Alfonso Novo Cid-Fuentes (Instituto de Estudios Xacobeos). Tito Antonio Varela López (Academia Galega de Ciencias). Julio Souto Jiménez (Fundación Penzol).
O NOVO PLENO DO CCG
Logo desta renovación, o Pleno do CCG está formado polos seguintes representantes.
Elixidos:
María Xosé Agra Romero, Ramón Castromil Ventureira, Victor Fernández Freixanes, Xosé López García, Ramón Máiz Suárez, Henrique Monteagudo Romero, Francisco Río Barja, Iago Seara Morales, María Luísa Sobrino Manzanares e Ramón Villares Paz.
Designados polas institucións:
Ánxela Bugallo Rodríguez (Conselleira de Cultura e Deporte), Xosé Ramón Barreiro Fernández (Real Academia Galega), José Antonio García Caridad (Academia de Xurisprudencia e Lexislación), Senén Barro Ameneiro (Reitor da Universidade de Santiago), Alberto Gago Rodríguez (Reitor da Universidade de Vigo), José María Barja Pérez (Reitor da Universidade de A Coruña), Eduardo Pardo de Guevara y Valdés (Instituto Padre Sarmiento), Francisco Díaz Fierros (Seminario de Estudios Galegos), Tito Antonioo Varela López (Academia Galega de Ciencias), Instituto da Lingua Galega (Rosario Álvarez Blanco), Alfonso Novo Cid-Fuentes (Instituto de Estudios Xacobeos), Carlos García Martínez (Consello Galego de Museos), Helena Villar Janeiro (Fundación Rosalía de Castro), José María Arias Mosquera (Fundación Barrié de la Maza), Julio Souto Jiménez (Fundación Penzol) e Ramón Izquierdo Perrín (Real Academia Galega de Belas Artes).O Presidente do Consello da Cultura Galega é Ramón Villares Paz, a quen acompañan na Comisión Executiva os vicepresidentes, Francisco Díaz Fierros e Xosé López García, e o secretario, Henrique Monteagudo Romero.
IMAXE CONMEMORATIVA DOS 25 ANOS
O Consello da Cultura Galega, que está a celebrar os seus 25 anos (1983-2008) baixo o lema “Crear cultura, imaxinar país”, decora estes días os seus dez balcóns que miran á praza do Obradoiro coa imaxe deseñada por “Revisión” para esa conmemoración. Os paneis transforman temporalmente o aspecto externo da sede da institución, situada no segundo andar do Pazo de Raxoi, en Santiago de Compostela.
FORO DE DEBATE
Da conmemoración forma parte tamén o primeiro dos seis foros de debate programados para este ano e que terá lugar os días 3 e 4 de abril. Coordinado por Domingo Docampo, o tema de debate será “Galicia na sociedade do coñecemento”.
Os interesados poden informarse e inscribirse no seguinte link:
<a href="http://consellodacultura.org/?page_id=383">Inscríbase aquí</a>

