----

O Consello da Cultura acolleu por oitavo ano consecutivo o acto conmemorativo do "Día Mundial da Poesía" organizado polo Pen Clube de Galicia

<img src="http://consellodacultura.org/files/2008/03/sinatura_protocolo.jpg" alt="sinatura_protocolo.jpg" />

<div id="pedefoto"><em>Luís González Tosar e Ramón Villares. Foto: CCG</em></div>

<em>Santiago de Compostela, 28 de marzo de 2008.</em>- Por oitavo ano consecutivo, dende a súa institucionalización pola UNESCO, o Consello da Cultura Galega acolleu hoxe a celebración do Día Mundial da Poesía (World Poetry Day) nun acto organizado polo Pen Clube de Galicia. Os presidentes das dúas institucións, Ramón Villares e Luís González Tosar, respectivamente, asinaron protocolo de colaboración que garante a continuidade da iniciativa e doutras actividades de carácter literario.


<!--more-->

Os actos do Día Mundial da Poesía-2008, que tiveron lugar no salón de actos do Consello da Cultura Galega, abríronse cunha introdución a cargo de Luís González Tosar e coa lectura do manifesto do Director Xeral da Unesco, Koichiro Matsuura con motivo desta celebración, que levou a cabo Xavier Castro Martínez, secretario técnico do Pen Clube de Galicia.

Deseguido comezou o recital poético que contará coas intervencións de Luz Pozo Garza, María Xosé Queizán, Gastâo Cruz, Antoni Marí, Gonzalo Navaza, Olvido García Valdés, Premio Nacional de Poesía-2008, e César Antonio Molina, poeta galego e en galego e ministro de Cultura, en funcións, que leu dous poemas seus inéditos.

O ministro, César Antonio Molina, e o Presidente do Consello, Ramón Villares, incorporáronse aos actos logo de asistiren á inauguración oficial da Biblioteca Pública "Anxel Casal", en Santiago de Compostela.

O acto, público e aberto, concluiu coa actuación do violinista da Orquestra Filarmónica de Ereván (Armenia), Kamo Petrosyan, que interpretou "A primavera", de Vivaldi.