----

"A arquitectura deriva hoxe a unha dimensión artística e olvídase do individuo", afirmou o arquitecto Manuel Gallego Jorreto

<img src="http://consellodacultura.org/files/2008/03/m-gallego-j-m-barja.jpg" alt="m-gallego-j-m-barja.jpg" />

<div id="pedefoto"><em>Manuel Gallego e José María Barja. Foto: CCG</em></div>

<em>Santiago de Compostela, 25 de marzo de 2008.-</em> "Hoxe a arquitectura deriva a unha dimensión artística e olvídase do individuo", afirmou Manuel Gallego Jorreto, arquitecto, Premio Nacional de Arquitectura-1977 e profesor titular da Escola Técnica Superior de Arquitectura de A Coruña, protagonista do ciclo de "Palestras maxistrais" do Consello da Cultura Galega. O conferenciante, que foi presentado por José María Barja, Rector da Universidade de A Coruña, salientou a necesidade de construir para resolver problemas e fixo un percorrido por "corenta anos de arquitectura".


<!--more-->

Manuel Gallego, autor dunha obra baseada na preocupación polo lugar como soporte da historia, subliñou o carácter e a función do proxecto: unha forma de coñecemento da realidade e defendeu unha arquitectura sen estridencias, aínda que estea rodeada do que calificou como "arquitectura do exceso". Exceso de volume, de ruído, de diñeiro.

Gallego ilustrou a súa conferencia, seguida por numeroso público, con imaxes e esquemas dalgúns dos seus proxectos. Desde a casa construída en Corrubedo ou o Museo deBelas Artes de A Coruña á residencia do Presidente da Xunta, en Compostela,a proposta para a Fundación Cunquiero na cidade de Mondoñedo (Lugo) ou a lonxa de Lira (Carnota).

O arquitecto fixo gala do seu espíritu independente e da súa visión lúcida e crítica sempre preocupada pola idea do lugar e a noción da memoria.

A conferencia de Manuel Gallego cerrou a primeira fase do ciclo de "Palestras maxistrais", iniciado o pasado 10 de xaneiro e co que o Consello da Cultura Galega pretendeu que os ámbitos científico e cultural tendesen pontes para compartir camiños e experiencias. A iniciativa contou coa colaboración da Dirección Xeral de I+D+i da Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia e das tres universidades galegas.

O Consello, que este ano cumple e celebra os seus primeiros 25 anos (1983-2008), ven subliñando o feito de que os ámbitos científico e cultural camiñaron sempre da man e que a ciencia constitúe un elemento esencial da cultura que serve para achegar ideas ás grandes problemáticas de todos os tempos. Este foi o punto de partida do ciclo de “Palestras maxistrais”, nacido coa pretensión de que grandes expertos do sistema científico e universitario do noso país compartisen a súa visión da evolución cultural e científica de Galicia dende cadansúa disciplina.No ciclo, amais de Manuel Gallego Jorreto, interviron o xurista José Antonio Gómez Segade, o químico Angel Rodríguez de Lera e o lingüista e académico Guilermo Rojo.