<img src="http://consellodacultura.org/mediateca/files/2008/03/na_nosa_lyngoage.jpg" alt="" hspace="4" align="left">Nesta obra, editada por Ana Isabel Boullón Agrelo, reúnense unha selección de traballos tendentes a clarificar as condicións da emerxencia da lingua galega nos textos escritos na Idade Media. O volume, que reúne as contribucións de numerosos especialistas na historia do galego, coeditouse polo Consello da Cultura Galega e o Instituto da Lingua Galega. Segundo a súa editora: "En Galicia esta cuestión presenta uns interrogantes específicos, pois no noso país, carente dun poder político que fomentase o cultivo escrito, e cunha lingua máis próxima a unha órbita territorial na que non estaba incluído politicamente (Portugal), orixinouse unha literatura poética de xeito máis temperá ca nos outros ámbitos hispánicos"
<ul>
<li><a href="http://consellodacultura.org/mediateca/?p=286">Pode descargala en PDF desde a Mediateca do Consello da Cultura Galega</a>.</li>
</ul>

