En función do previsto no artigo 16 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na administración pública galega, con carácter previo ao seu nomeamento comparecerá ante a Comisión 4ª, Educación e Cultura, para informar do seu plan de traballo para os vindeiros catro anos.
Comparecencia parlamentaria
Na súa comparecencia na Comisión 4º, Educación e Cultura, o presidente electo, Ramón Villares, fará un balance dos proxectos acometidos na lexislatura saínte e avanzará as propostas que marcarán o futuro da institución para os vindeiros catro anos. Entre eles, destacará a necesidade de incidir no papel de asesoría que ten a institución, así como unha potenciar a proxección internacional da cultura galega e incrementar a presenza na rede.


