<em>Santiago de Compostela, 3 de marzo de 2008.</em>- A ministra de Cultura da República Árabe Saharaui Democrática, Jadiya Hamdi, visitou hoxe o Consello da Cultura Galega, onde a recibiu o Presidente, Ramón Villares. Foi un encontro cordial que serviu para subliñar o valor da Cultura como chave que abre posibilidades de relación e entendemento entre os pobos. Falouse da eventualidade da participación de representantes culturais saharauis en actividades que poida realizar o Consello da Cultura. A ministra agradeceu a acollida e asinou no Libro de Honra da institución.

