----

XVII Certame Internacional de Improvisación Oral

O Centro Veciñal e Cultural de Valadares e a Asociación ORAL de Galicia organizan o XVII Certame Internacional de Improvisación Oral, que terá lugar o 5 de outubro, a partir das 19:00 h, no CVC de Valadares (Vigo). No encontro participarán glosadores cataláns, bertsolaris vascas, cantores ao desafío portugueses e regueifeiros galegos.