----

XI Xornadas sobre Lingua e Usos. Lingua e Universidade

O Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña organiza a undécima edición destas xornadas, que este ano terán como eixo temático a relación entre lingua e universidade. As xornadas terán lugar os días 26, 27 e 28 de novembro de 2014 na sala do Consello de Goberno (Reitoría, A Maestranza).
A matrícula é de balde e o prazo de inscrición remata o 21 de novembro. Para consultar o programa, preme aquí.