----

O libro "Os símbolos de Galicia" contextualiza históricamente o nacemento do himno, a bandeira e o escudo

<img src="http://consellodacultura.org/wp-content/blogs.dir/1/2007/12/not_simbolos.jpg" alt="" align="left" vspace="5"><em><em>Santiago de Compostela, 19 de decembro de 2007.-</em> Resultado da colaboración do Consello da Cultura Galega e da Real Academia Galega e e do labor de investigadores e historiadores, o libro "Os símbolos de Galicia" contextualiza históricamente o nacemento do himno, a bandeira e o escudo e dalles tamén dimensión institucional, en palabras de Ramón Villares, Presidente do Consello da Cultura e co-responsable da edición xunto con Xosé Ramón Barreiro Fernández, Presidente da Academia Galega. Os editores presentaron hoxe a obra no salón de actos do Consello, acompañados pola Conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo. O acto rematou coa audición da primeira gravación coñecida do himno galego, rexistrada en Lugo o 19 de novembro de 1918 e interpretada polo coro "Cantigas e aturuxos". A gravación foi proporcionada pola editora Ouvirmos.


<em>Descarga de fragmentos do libro e contidos interactivos especiais de culturagalega.org no interior da noticia</em>

<!--more-->

Ramón Villares e Xosé Ramón Barreiro Fernández resaltaron a importancia da colaboración das dúas institucións culturais máis representativas de Galicia para a realización dunha obra que non é, segundo Villares, "un libro de oportunidade, senón que resume anos de investigación na materia" e, na opinión de Barreiro Fernández, aporta "a boa nova do exemplo da cooperación institucional para a construción ou a reconstrución do País".

A cerna do libro confórmana as tres monografías dedicadas a analizar o escudo (Eduardo Pardo de Guevara y Valdés), a bandeira (Xosé Luís Axeitos e Xosé Ramón Barreiro Fernández) e o himno (Manuel Ferreiro e Fernando López Acuña).
Un traballo de Ramón Villares baixo o título "Producir símbolos nacionais" e outro de Xosé Ramón Barreiro ("Un lugar para a memoria. O Panteón da Galeguidade") completan un libro de gran formato e riqueza visual deseñado por Xosé Díaz.


GALEGUISMO DA TERRA E DA EMIGRACIÓN

Ramón Villares fixo fincapé no protagonismo do Rexionalismo na configuraciòn dos símbolos, pero subliñou tamén o importante papel desempeñado polas colectividades da emigración. Esa conxunción logrou, máis unha vez, dotar a Galicia das ferramentas simbólicas que acreditan non só a súa identidade, senón a súa modernidade", dixo.

Para Xosé Ramón Barreiro o feito significativo é que os símbolos de Galicia foron creados cando o poder político galego estaba moi lonxe de ser unha realidade, "pero resultou determinante o papel dos intelectuais, con Manuel Murguía á cabeza, e o pobo a colectividade que lle servía de referencia". O Presidente da Real Academia Galega louvou tamén a función desta institución, depositaria dese legado e anunciou que en 2008 "celebraremos como se merece o Ano de Manuel Curros Enríquez".

A Conselleira de Cultura da Xunta de Galicia, Ánxela Bugallo, felicitou, no nome do goberno galego, aos autores da obra e ás dúas institucións polo seu traballo e a súa iniciativa que supón tamén, dixo, un feito normalizador dos símbolos dunha idea e dunha identidade.

<strong>
CONTIDOS ADICIONAIS:</strong>

-<a href="http://consellodacultura.org/mediateca/?p=216">Descargue o capítulo relativo ao Himno</a> no libro "Símbolos de Galicia" na Mediateca do Consello da Cultura Galega

-Explore aquí o <a href="http://www.culturagalega.org/temadia.php?id=11251">especial multimedia de culturagalega.org</a> no que o profesor Manuel Ferreiro explica o proceso de creación do Himno Galego.


<br />