<img src="http://consellodacultura.org/wp-content/blogs.dir/1/2007/12/raiolacoro3.jpg" alt="Coro de nenos" />
<div id="pedefoto"><em>Coro de nenos na presentación. Foto CCG. </em></div>
<em>14 de Decembro de 2007</em>.- O salón de actos do Consello da Cultura Galega acolleu un concerto que serviu de marco á presentación de "Raiola, método de piano", de Antonio Cerviño Loira. No acto colaboraron o Conservatorio Profesional da Estrada, o Colexio San Xosé de Cluny e o Conservatorio Histórico de Santiago. A edición do libro é unha iniciativa da Sección de Música e Artes Escénicas do Consello, que coordina Ramón Castromil Ventureira.

