O conselleiro de Cultura, Educacion e Ordenación Universitaria realizará unha visita institucional ao Consello da Cultura Galega
2/3/2015
Román Rodríguez, conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria realizará unha visita institucional ao Consello da Cultura Galega o vindeiro martes 3 de marzo. Trátase da primeira visita que realiza á institución desde que o pasado 10 de febreiro tomou posesión do seu cargo. O conselleiro de Cultura é membro nato do Plenario do CCG, tal e como figura na lei de creación da institución. Rodríguez será recibido polo presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares, así como polos demais membros da Comisión Executiva, composta por Francisco Díaz-Fierros, Rosario Álvarez, Xosé López e Maximino Zumalave.