<img vspace="7" align="left" src="http://consellodacultura.org/wp-content/blogs.dir/1/2007/12/agustin-fdez-paz-3.jpg" alt="agustin fernandez paz" hspace="7"/>
<em>Santiago de Compostela, 3 de decembro de 2004</em>.- "É necesario publicitar os obxectivos do decreto regulador do uso e promoción do galego no sistema educativo e ofrecer material de apoio ao profesorado", afirmou hoxe o escritor e pedagogo Agustín Fernández Paz durante a súa intervención no I Seminario de Planificación Lingüística, organizado polo Centro de Documentación Sociolingüística do Consello da Cultura Galega. Na xornada de mañá, martes, as sesións estarán dedicadas ao análise das políticas linguüísticas en España e unha das relatoras será a Secretaria Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, Maria Sol López.
<!--more-->
A sesión de hoxe estivo dedicada explicar o modelo lingUístico educativo no ensino non universitario. Bieito Silva, da Universidade de Santiago, aludiu á necesidade de de superar o debate do bilingüismo e abordar o do pluriliingüismo, aínda que o decreto regulador do uso e promoción do galego no sistema educativo "non supón de feito un modelo novo, senón que trata de profundizar e ampliar o anterior".
Para Agustín Fernández Paz a aparición deste novo decreto reclama medias de apoio ao profesorado e unha publicitación axeitada dos seus contidos e obxectivos "para evitar a súa manipulación por parte de determinados colectivos". Trátase de explicar, por exemplo, apuntou, que o decreto "non pretende imposición algunha do galego, senón a doble copetencia lingüística en galego e castelán".
Ao longo da sesión de hoxe interviron tamén diferente expertos de Cataluña, Euskadi, Illas Baleares e País Valenciá e, finalmente, José Graña Carrodeguas, subdirector xeral de inspección, avaliación e calidade do sistema educativo da Consellería de Educación, que o fixo no canto da conselleira, quen excusou a súa ausencia.

