<img vspace="7" align="left" src="http://consellodacultura.org/wp-content/blogs.dir/1/2007/11/ramoneda21.jpg" alt="josep ramoneda" hspace="7"/>
<em>Santiago de Compostela, 29 de novembro de 2007.</em>- O filósofo, columnista e director do Centro de Cultura Contemporánea de Barcleona, Josep Ramoneda, defendeu esta tarde a visión emancipadora da razón crítica, remitíndose á visión de Kant sobre a Ilustración, e expresou o seu rechazo do multiculturalismo, ao que enfrontou a pluralidade cultural e o mestizaxe. A súa intervención tivo lugar no marco do foro "Os sentidos das Culturas", organizado polo Consello da Cultura Galega e coordinado polo profesor Ramón Máiz.
<!--more-->
Se Kant entendía que a emancipación supón que "o individuo sexa quen de pensar por sí mesmo", Ramoneda afirmou que no mundo actual "necesitamos máis que nunca que a actitude da Modenridade non perda a batalla" e fixo súa esta actitude fronte ao que chamou "desbaraxuste posmoderno".
O conferenciante sinalou como inimigos da razón crítica ou ilustrada o relativismo multiculturalista, o determinismo civilizatorio, a conversión da ciencia e a técnica en ideoloxía, a pervivencia do sagrado e o medo e a indiferencia.
Para Ramoneda as sociedades diversas "non poden encerrarse entre os muros do multiculturalismo, que necesita da identidade como diferencia", e apostou pola convivencia na pluralidade a mestizaxe.
Desde ese plantexamento rexeitou tanto idea do "choque" como a da "alianza" de civilizacións e afirmou que nos dous casos "o problema reside no feito de que os dous acentúan o concepto de civilización como elemento determinante".
Advertiu dos riscos de converter a tecnoloxía nun fin en sí mesmo e considerou que "relixións, nacionalismos e totalitarismos son construccións contra o pensamento crítico".
Por último aludiu aos discursos sobre a seguridade e o medo como deterioradores da democracia e prolpiciadores do que definiu como "totalitarismo da indiferencia".

