Josep Ramoneda indaga nas raiceiras filosóficas da Ilustración

Baixo o título de "Que é a Ilustración?", e seguindo un texto central de Inmanuel Kant no que define en 1784 as bases do movemento que modernizou Europa, o filósofo e columnista xornalístico Josep Ramoneda diseccionará as claves dese movemento que revolucionou o pensamento científico, filosófico e político de Europa. Ramoneda impartirá unha conferencia na Biblioteca do Consello da Cultura Galega o 29 de Novembro de 2007, ás 17.00 h.

Descargue a conferencia en PDF

Debido a que só hai 30 prazas ás que se accede por rigorosa orde de inscrición, confirme a súa asistencia canto antes no enderezo electrónico actividades@consellodacultura.org ou nos teléfonos 981 957 209 ou 981 957 210