Novos materiais didácticos para apoiar a transmisión interxeracional
27/4/2015
O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra e A Mesa pola Normalización Lingüística presentan a obra “O abecedario”, a primeira dunha colección didáctica de 20 títulos deseñados para apoiar a transmisión interxeracional da lingua galega. Con este primeiro volume, que vén acompañado dunha lámina e un vídeo con música, os máis pequenos poderán aprender o abecedario galego apoiándose en ilustracións. Para ampliar a nova, preme aquí.