<em>Santiago de Compostela, 27 de novembro de 2007.-</em> A Comisión Executiva do Consello da Cultura Galega acordou adherirse á campaña de normalización lingüística “Deixa que o viño fale. Escolle un viño etiquetado en galego”, a fin de que “nos actos protocolarios, caso de servírense viños, teñan preferenza os etiquetados en lingua galega”.
A campaña foi promovida pola Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística, a Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia.

