----

A arquitectura non está e debería estar dentro do planeamento urbano, segundo Alfonso Penela

<img src="http://consellodacultura.org/wp-content/blogs.dir/1/2007/11/xornadatarde3.jpg" alt="" />

<div id="pedefoto"><em>Fernández-Albalat, Iago Seara, César Portela e Carlos Quintáns interviron durante as sesións da tarde de onte. Fotos CCG</em></div>

<em>Santiago de Compostela, 22 de Novembro</em>.-"A arquitectura debería estar dentro do planeamento urbano pero non é así e esa situación anómala debería ser corrixida". A afirmación é do arquitecto Alfonso Penela quen, pola obrigada ausencia de Manuel Gallego, abriu esta mañá a segunda sesión das xornadas "A Arquitectura desde Galicia".<!--more-->Penela, que vive e traballa en Vigo, deu conta dalgunhas realizacións súas nesa cidade e insistiu na afirmación de que un edificio non debe ser únicamente o que é, senón aquelo que induce.

As xornadas coñeceron na tarde do mércores os relatorios de Iago Seara, Andrés Fernández Albalat, César Portela e Carlos Quintáns. O primeiro, coordinador do programa e da Sección de Arquitectura do CCG, analizou o que definiu como "unha etapa de resistencia" nos exemplos dos legados de Alejandro de la Sota, Xosé Bar Boo, Rafael Baltar, Carlos Meijide ou Pedro de Llano).

Andrés Fernández Albalat expresou a súa precaución tanto fronte aos puristas coma fronte aos "xenios" e referiuse ao que chamou "diálogo natural entre formas arquitectónicas diferentes". Pola súa parte, César Portela insistiu na obriga de defender o patrimonio e integrar Arquitectura e Natureza. "Galicia é unha permanente dialéctica entre auga e terra, artificio e natureza e eso debe terse sempre presente", afirmou. Un criterio seguido tamén por Carlos Quintáns, que puxo algún exemplo ao respecto no caso dun proxecto feito por él no litoral do concello de Barreiros (Lugo) , un concello marcado por un urbanismo non precisamente exemplar e preocupado agora polo impacto dunha paralización de licencias plantexada case como "cura de cabalo".

Parece claro, como indicaba Alfonso Penela que debe evitarse, ou corrixirse, o divorcio entre promotores e arquitectos para asegurar o bó funcionamento da dialéctica artificio-natureza, ao que aludiron tamén esta mañá, baseándose nos seus traballos, Alfredo Freixedo e Fernando Blanco.