----

Comezan as Xornadas "Arte+Grandes Eventos" organizadas polo Consello da Cultura e o Centro Galego de Arte Contemporánea

<p>Santiago de Compostela, 5 de outubro de 2010.- O Consello da Cultura Galega acollerá o mércores 6 de outubro a primeira das Xornadas “Arte+Grandes Eventos”, organizadas en colaboración co Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC). Trátase de analizar a presenza das artes visuais nos grandes eventos e a dialéctica plantexada polas políticas culturais. <!--more--></p>

<p>A sesión comezará ás 10 horas coa paresentación que presidirá o titular do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares, acompañado polos coordinadores: María Luísa Sobrino, responsable da Sección de Creación e Artes Visuais Contemporáneas do CCG, e Miguel von Hafe, director do CGAC.</p>

<p>Despois intervirán, con senllas conferencias, Arturo Rodríguez Morató, profesor de Socioloxía da Universitat de Barcelona, e José Luís Pardo, catedrático da Facultade de Filosofía da Universidade Complutense de Madrid. Pola tarde, a partir das 17 horas, falará Santiago Olmo, comisario da 31ª Bienal de Pontevedra.</p>

<p>As sesións proseguirán o xoves día 7 a partir das 10´30 horas no CGAC. Pola mañá falarán Catherine David, directora artística da Documenta X de Kassel (1994-1997) e Isidoro Valcárcel Medina, Premio Nacional de Artes Plásticas 2008. Ás 17 horas os cinco relatores reflexionarán conxuntmaente nun coloquio moderado por María Luísa Sobrino.</p>