A Secretaría Xeral de Política Lingüística actualiza o seu web
14/9/2015
A Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL) presenta o Portal da Lingua Galega, novo sitio web que ofrece contidos de interese sobre o idioma galego (datos básicos, recursos para a aprendizaxe, programas de fomento, proxectos de investigación e información sobre proxección exterior), así como información administrativa sobre a propia SXPL. Entre as principais novidades destaca o acceso para toda a cidadanía ao tradutor automático Gaio, que ata o momento só estaba dispoñible para os traballadores/as da Administración pública.