----

Xornada dedicada a Ramón Piñeiro no centenario do seu nacemento

A Real Academia Galega organiza unha xornada na honra de Ramón Piñeiro para conmemorar o centenario do seu nacemento. Na mesa redonda, moderada por Xesús Alonso Montero, intervirán Xosé Manuel Dasilva, co relatorio “Achegas documentais para a biografía de Ramón Piñeiro”; Henrique Monteagudo, co relatorio “Ramón Piñeiro e a lingua galega”; e Andrés Torres Queiruga, co relatorio “Ramón Piñeiro: compromiso integral e integrador”. O acto terá lugar hoxe, 29 de setembro de 2015, ás 19:30 h, no Salón de plenos do Concello de Lugo.